Máis que Auga, en marcha

26/02/2019

Camiñar dun xeito regular axuda a perder peso, protexe as articulacións e contribúe a levar unha vida máis plena en todos os sentidos. En Máis que Auga queremos sumar saúde contigo.

O 5 de marzo o noso grupo de marcha nórdica arranca dende o centro Máis que Auga de Coia e queremos que formes parte del. Desta data en diante, agardámoste todos os martes e sábados da semana ás 10.00 horas na recepción de Coia para emprender hora e media de camiñada, capitaneada polos nosos profesionais.

É unha aventura na que todos podedes participar. Tanto ti, coma o teu pai, nai, avó ou avoa, ides descubrir o deporte dun xeito diferente e moi emocionante, gañando en mobilidade, flexibilidade, forza, resistencia e coordinación. Porque non só se trata de camiñar! O uso de bastóns vai permitir que queimes calorías dun xeito acelerado e, polo tanto, poderás controlar mellor o teu peso. Iso, sen esquecer os moitos outros beneficios que aporta esta actividade, coma a mellora da túa calidade de vida, do teu sistema cardiovascular, de doenzas das costas, pescozo, ombros e a prevención de lesións e enfermidades coma a osteoporose.

Non o dubides, inscríbete xa na recepción do teu centro e goza dunha chea de vantaxes. O prezo para socios é de 9,90 euros/mes e de 19,80 euros/mes para non socios. E, para poñerche as cousas fáciles, grazas a Intersport, os 30 primeiros inscritos na actividade recibiredes unha camiseta de regalo e, aos 10 primeiros inscritos prestarémosvos os bastóns durante un mes.

A que agardas? Ponte en marcha con nós!