Máis que Auga e Amfiv renovan a súa complicidade

17/10/2019

Máis que Auga e Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas renovaron un ano máis o seu convenio de colaboración, polo cal o club vigués pode utilizar as instalacións deportivas de Navia. Hoxe celebrouse a continuidade do convenio, nun acto no que o Amfiv tamén aproveitou para dar o pistoletazo de saída á competición, que se iniciará esta fin de semana en Vigo.

No acto estiveron o responsable do centro de Máis que Auga Navia, Borja Ropero; o presidente do Amfiv, José Antonio Beiro; o técnico, César Iglesias e o resto do corpo técnico, e case a totalidade da plantilla.

Máis que Auga colabora co Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas dende a apertura do centro de Navia. Catro anos de complicidade, que esperamos manter no tempo, xa que a nosa empresa ten un compromiso coa cidade de Vigo, co seu deporte e de forma moi especial no caso de persoas con discapacidade.

En Máis que Auga apostamos pola integración no mundo do deporte e por iso os tres centros Máis que Auga (Barreiro, Coia e Navia) están pensados e proxectados para que as persoas con discapacidade poidan acceder a eles e a través do deporte teñan unha mellor calidade de vida.

Dende Máis que Auga queremos desexarlle sorte ao Amfiv no inicio desta nova tempada, na que seguro que nos volverán facer vibrar!