Usuarios practicando deporte en gimnasios en Vigo

Máis que Auga di “non” ao sedentarismo nos seus ximnasios en Vigo

29/10/2017

Deixaches pasar setembro, deixaches pasar outubro pero agora chegou a hora de que lles digas BASTA ás escusas e á vida sedentaria!  Sabías que, segundo estudos da OMS (Organización Mundial da Saúde) o sedentarismo inflúe no noso estado de saúde como o fai a mala alimentación, o tabaco e o consumo de alcohol? Segundo esta mesma organización máis da metade dos adultos de países desenvolvidos realizan unha actividade física insufiente.

Con tal de que fagas máis de hora e media de actividade física Á SEMANA melloras a túa saúde  e disminúes o risco de contraer enfermidades como arterioesclerose ou hipertension entre outras.

En Máis que Auga queremos engancharte á práctica do benestar, a saúde e a felicidade dun xeito moi doado. En calquera dos nosos ximnasios en Vigo  atoparás un equipo de profesionais que te acompañarán neste proceso de abandoar o sofá por unha vida sa. Ademais contamos coa maior oferta de actividades dirixidas de ximnasios en Vigo. Hainas para todos os gustos, obxectivos, necesidades e idades: aos nosos centros de Barreiro, Coia e Navia veñen dende bebés, nenos e  xoves ata maiores de 60 anos.

Queremos que descobras que practicar deporte ou  realizar calquera tipo de actvidade física non é aburrido. Por eso na nosa oferta de fitness podes atopar actividades de todo tipo, dende intensidade baixa (asequibles para todas as idades e condicións físicas) ata a de media e alta intensidade como poden ser Gap, Xtrem, Body Cross ou Wodfit.

Pero ao igual que pasa na vida, no deporte non ten que ser todo intensidade. Por eso nos nosos ximnasios en Vigo contamos con actividades máis lixeiras e que son especialmente recomendables para todos aqueles (homes e mulleres) que lles encante o ritmo, o baile e as coreografías como é o caso de Aerobic, Step, Zumba ou Fitball Drums. Na nosa páxina maisqueauga.com podes acceder  a toda a oferta completa de todas as actividades e os seus respectivos horarios.

Experiencias deportivas nos teus ximnasios en Vigo

Vir a un dos nosos ximnasios en Vigo non é so facer deporte é vivir unha experiencia deportiva que te axuda a liberar  estrés e esquecer a túa rutina diaria. O equipo técnico de Máis que Auga está formado por 120 profesionais que te asesoran continuamente, atenden as túas necesidades e tentan satisfacer as túas inquedanzas  deportivas. En todo momento poñemos en práctica nosa filosofía de persoas que atenden a persoas. Nas nosas clases damos prioridade ao asesoramento continuo, as correcións posturais e a motivación. .

As nosas salas de fitness non son só un simple espazo cheo de máquinas, senon que son zonas multiarea nas que os técnicos están continuamente dinamizando con clases expres de 20 minutos en diferentes disciplinas  Na nosa  web maisqueauga.com  podes atopar toda a oferta de actividades dirixidas e coreografiadas que impartimos nos nosos ximnasios en Vigo en Barreiro, Coia e Navia. Tes claro que chegou o teu momento, non?