Máis que Auga destaca na Vuelta Ciclista a España

Nosa empresa de xestión e centros deportivos Máis que Auga foi un participante máis da Vuelta Ciclista a España, ao seu paso por Vigo, no mes de setembro. Coincidindo coa etapa, a empresa instalou sesenta bicicletas estáticas na rúa Areal, xunto á Alameda, invitando aos vigueses a acudir á cita dispostos a participar deportivamente.

Clientes, empregados e colaboradores de Máis que Auga e espectadores da Vuelta convertéronse en protagonistas da carreira ciclista, pedaleando sobre as nosas bicis e animando ao paso dos corredores polo centro. A nosa marea amarela foi saudada polos ciclistas profesionais e puido ser vista na tele e máis nos xornais que se difunden en Vigo.