Máis que Auga dáche a benvida a túa casa!

26/01/2020

Se chegou o teu momento de incorporarte á familia Máis que Auga, non te vas a sentir só. No noso ximnasio acompañarémoste desde que entres pola porta para que coñezas as nosas instalacións e servizos, para que te coñezamos nós e saibamos que é o que esperas de Máis que  Auga, abriremos a túa ficha, programaremos os teus adestramentos…

 

Como será o proceso? O día que che deas de alta como socio ou socia programarémosche unha cita de asesoramento inicial cun técnico, para que poidas ter unha entrevista persoal para mostrarche o centro e coñecerte. Nesta visita ensinarémosche a instalación, coñeceremos os teus desexos e necesidades, explicarémosche os diferentes servizos que ofrecemos e que consideramos que poden ser interesantes para ti.

 

O noso técnico creará a túa ficha en Trainingym, na que aparecerá reflectido o teu historial médico, lesións, experiencia deportiva, etc. Nesta conversación preguntarémosche cales son os teus obxectivos, as túas preferencias a nivel de adestramentos ou o tipo de actividades que mellor se che adaptan. Tamén che explicaremos o funcionamento do Totem, onde poderás ver o teu adestramento no ximnasio, ou a aplicación móbil  Máis que  Auga, que che permitirá levar a túa programación de adestramento contigo, facer reservas de clases…

 

Unha vez o técnico coñeza os teus obxectivos (tonificar, adelgazar, aumentar a masa muscular…), asignarache o programa de adestramento adecuado e recomendarache as actividades ou servizos que mellor se adecúan ás túas necesidades.

 

Ademais, realizaremos a primeira análise de composición corporal coa báscula de  bioimpedancia, que nos permitirá ter datos de referencia de como chegas ao noso centro a nivel de composición corporal para poder realizar un seguimento posterior e ver se se están cumprindo os obxectivos.

 

E unha vez realizado todo o proceso, chegou o momento de poñerse ao choio! Así que estaremos contigo no teu primeiro adestramento, para explicarche como funcionan as diferentes máquinas e asegurarnos de que o realizas de maneira adecuada e todo vai ben. Tralo esforzo, e antes de marchar, temos que estirar ben, para evitar lesións e mellorar a circulación. Tamén neste proceso contarás co apoio do noso técnico, que te indicará que exercicios realizar e como.

 

Así chegamos ao final do primeiro día de adestramento… Mañá esperámoste outra vez!

Benvid@s a Máis que Auga