Máis que Auga cumpre catro anos e premia aos socios máis fieis

10/12/2014

Máis que Auga celebrou o sábado 1 de novembro o cuarto aniversario da apertura do primeiro centro en Vigo e fixémolo cunha festa na que premiamos a fidelidade daqueles socios que estiveron con nós dende o primeiro día. O acto foi presentado polo xornalista da TVG Terio Carrera e dirixido polo responsable de Concesións de Civis Global, Jorge Moreno.

Pilar Navia Barreiro recibiu o premio á socia que máis tempo leva con nós, dende a apertura do Máis que Auga en Coia-Florida, ata hoxe e con moitas gañas de seguir. O pequeno Diego Calderón, foi distinguido co premio ao cliente máis novo dos que levan catro anos con nós. Herminia Martínez tivo a distinción como socia máis fiel e de maior idade.

O acto se desenvolveu nas instalacións de Máis que Auga en Coia-Florida, nun ambiente emotivo e divertido e coa partipación de moitas socias e socios. Jorge Moreno subliñou o protagonismo dos socios na celebración e agradeceu a fidelidade e a cooperación de todos eles para que a empresa poda mellorar cada día os seus servizos.