Máis que Auga Barreiro cuida dos fillos dos nosos socios mentres fan deporte

10/12/2014

Coidamos dos teus fillos mentres fas deporte”, é o servizo que ven de por en marcha o centro Máis que Auga de Barreiro. Trátase  dun servizo de ludoteca, no que os menores están entretidos e cuidados mentres os seus pais poden realizar deporte con tranquilidade. Unha nova proposta que nos diferencia e desmarca.

A sala de xogos está operativa todos os martes e xoves (18.00 h a 20.00 horas) e os nenos e nenas (de máis de 4 anos) poden realizar actividades de todo tipo: dende manualidades e pintura, a xogos populares, de mesa, ou practicar varias modalidades deportivas. Os máis pequenos estarán atendidos por unha monitora titulada, mentres os seus pais utilizan con total tranquilidade as instalacións da nosa área deportiva.

A nosa empresa entende que a veces é complicado atopar tempo para facer deporte debido as obrigacións familiares e con este servizo pretendemos facilitar aos nosos socios que poidan acudir á instalación cos seus fillos e saber que estarán non só ben atendidos, senón que será unha tarde divertida e de xogos para eles.

Dende a empresa estamos reforzando as liñas de actuación dirixidas á familia, para que todos os seus integrantes poidan gozar das actividades que propoñemos en Máis que Auga. Un dos abonos máis populares é precisamente o familiar, a un custe moi económico para todos os seus membros.