Máis que Auga, cos nenos do Nepal

19/06/2015

A nosa empresa Máis que Auga emprendeu o dia 18 de maio unha campaña de axuda aos nenos do Nepal baixo o lema Aquí facémolo todo co corazón.

Esta iniciativa terá dúas vías de actuación fundamentais: A través de novas altas de socio ou cursillista ou polas redes sociais. Por cada nova alta de socio ou curso, a empresa doará tres euros á campaña de Unicef de axuda aos nenos e nenas afectados polo terremoto do Nepal, mentres que  a través das redes sociais Máis que Auga comprométese a doar 0,10 euros por cada compartido ou retwiteo desta campaña.

As doazóns ingresaranse quincenalmente nas contas de Unicef. Podedes atopar toda a información sobre a campaña de Unicef no seguinte enlace:

https://www.unicef.es/terremoto-nepal?gclid=CjwKEAjwj9GqBRCRlPram97Xk3ESJADrN7IedU-XjluBEB-jmQFSXNbn7nFJ9Uln917ouJDFwM53vxoCBwXw_wcB

Esta actividade é unha máis das que realiza a nosa empresa habitualmente con fines solidarios (recollida solidaria no Nadal ou colaboración co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia).