Actividades dirigidas en gimnasios en Vigo

Máis que Auga conta coa maior oferta de actividades dirixidas de ximnasios en Vigo

27/06/2017

Máis que Auga conta coa maior oferta de actividades dirixidas de ximnasios en Vigo. As actividades están pensadas e deseñadas en función do noso amplo perfil de usuarios. Aos nosos centros de Barreiro, Coia e Navia veñen dende xoves ata maiores de 60 anos e para todos eles temos actividades que se adaptan aos seus gustos, obxectivos e necesidades. Aínda que o perfil maioritario das actividades dirixidas e coreografiadas é o dunha muller entre os 25 e os 45 anos, con gañas de de adestrar sen renunciar a pasalo ben, cada vez máis aumenta o número de homes que se apuntan ao traballo dinámico guiado.

Na nosa oferta de fitness  podes atopar actividades de todo tipo, dende intensidade baixa (asequibles para todas as idades e condición físcia) ata a de media e alta intensidade como poden ser Gap, Xtrem e Body Cross. Na nosa oferta teñen moito protagonismo as actividades nas que se desenvolven as habilidades rítmicas como é o caso de Aerobic, Step, Zumba a a recén incorporada Fitball Drums. Na nosa páxina maisqueauga.com podes acceder  a toda a oferta completa de todas as actividades e os seus respectivos horarios.

Experiencias deportivas nos teus ximnasios en Vigo

En Máis que Auga coñecemos moi ben aos nosos clientes. Sabemos que o usuario dos nosos ximnasios en Vigo busca experiencias deportivas que o axuden a liberar seu estrés e a esquecer a súa rutina diaria: quere pasalo ben mentre reaiza unha actividade física. De aí o auxe e éxito de todas as actividades que van acompañadas con coreografía.  O equipo técnico de Máis que Auga, formado por 120 profesionais cumpre estas expectativas do usuario prestándolle atención, atendendo as súas necesidades e tentando satisfacer as súas inquedanzas  deportivas. En todo momento poñemos en práctica nosa filosofía de persoas que atenden a persoas. Nas nosas clases damos prioridade a enriquecer a experiencia deportiva: o asesoramento continuo, as correcións posturais e a motivación. .

Todo o equipo de Máis que Auga está sempre moi atento ás novidades que xurden no sector do fitness para ofrecer aos nosos usuarios as últimas tendencias. Nosos profesionais están reciclándose continuamente con cursos de formación e os nosos directores técnicos acuden ás grandes ferias do mercado.

Nosas salas salas de fitness non son só un simple espazo cheo de máquinas, senon que son zonas multiarea nas que os técnicos están continuamente dinamizando a sala con clases expres de 20 minutos aproximadamente. Queremos que os nosos usuarios optimicen o tempo do que disponen para vira o ximnasio, por eso ofrecemos a posibilidade de traballar en pequenos grupos con actividades de alta intensidade. Todas as nosas clases son presenciais.

Na nosa páxina web maisqueauga.com  podes atopar toda a oferta de actividades dirixidas e coreografiadas que impartimos nos nosos ximnasios en Vigo en Barreiro, Coia e Navia.