MÁIS QUE AUGA COIDA DE TI DURANTE O EMBARAZO… E DESPOIS

13/12/2020

Sempre vos dicimos que Máis que  Auga é unha familia e así nos nosos dez anos de historia, vivimos grandes momentos cos nosos usuarios: Momentos persoais únicos, éxitos profesionais, logros deportivos… e o máis importante: Acompañamos a centos de futuras mamás durante o embarazo!

 

Agora, en tempos de COVID-19, continuamos coas nosas clases de fitmon para embarazadas ou  embarazauga, sempre mantendo as medidas de seguridade necesarias. E tras o parto,  fitmon post parto. Son, sen dúbida, as nosas clases máis especiais, onde os sentimentos están a flor de pel e nas que se comparte moito máis que unha hora de exercicio.

 

Hoxe pasámonos por Máis que  Auga  Coia para coñecer estas clases da mán da nosa técnica  Flavia  Ozinete, que nos explica en que nos axudan as clases de  fitmon  pre-parto. “Por unha banda traballamos o ton muscular, axudámoslles a que gañen ton e forza muscular no tren superior (brazos, costas…), porque o seu corpo vai cambiar, van soportar moito máis peso, e vano a necesitar. Ademais, tamén traballamos o mantemento do chan  pélvico, porque así a recuperación post parto será moito máis rápida. E por último, facemos un traballo mental, de relaxación, para afrontar o momento do parto da mellor maneira posible e poder gozalo”.

 

 A partir de que momento é recomendable acudir ás clases?A En principio, a partir da semana 12, sempre que non haxa algunha contraindicación médica que o impida. E ata cando? Pois ata o día do parto, se a embarazada se atopa  ben: “Xa tivemos o caso dalgunha mamá que veu a clase pola mañá e pola tarde comezaron as contraccións. Mentres a mamá estea cómoda non hai ningún problema, porque ademais o traballo físico adáptase ás circunstancias de cada unha”, explícanos a nosa técnica.

 

Ademais das clases de  fitmon en sala, tedes a posibilidade da clase na piscina,  embarazauga. “A maior parte dos exercicios que facemos en seco, fanse tamén na auga. É moi importante a mobilidade da cadeira e cando se fai en flotación, non pesa tanto e libera as lumbares”. Agora mesmo hai un  pack para embarazadas que combina traballo en seco e en auga e, tal e como nos conta  Flavia, é perfecto: “Combinar dúas clases á semana é perfecto, e se se quere unha na piscina e outra en sala, pódese facer”.

 

E despois de dar a luz, chega o momento da recuperación para nosas  mamis. Aquí atopámonos co curso de  fitmon post parto, ao que en principio pódese comezar aos 45 días de dar a luz, co  visto bo da matrona ou do xinecólogo. Ademais, pódeste traer ao neno contigo, que nos acompaña na clase como espectador de luxo xunto a outros  amiguitos. O traballo é similar: Ton muscular en brazos e costas (o bebé pesa e está moito tempo en brazos da súa nai); ao que lle engadimos traballo abdominal, ademais do chan  pélvico. En resumo, “forza, mobilidade e  hipopresivos, e con este traballo ademais perderase un pouco de volume, porque todo comeza a volver ao seu sitio”.

 

Hai unha gran diferenza se a mamá xa estivo nas clases de  pre- parto, porque chegan a esta segunda fase co traballo xa realizado tanto a nivel físico como de consciencia corporal. Este é o caso de Eva Castelo, que deu a luz ao seu primeiro fillo, Leo, no mes de xullo. Ela xa comezara co  fitmon durante o embarazo, “aínda que me pillou o confinamento, pero seguía desde casa as clases de  Jana para embarazadas”. Así, non tivo ningunha molestia física durante o embarazo, o parto foi moi bo e regresou ao ximnasio e ás súas clases no mes de setembro: “Nótase moito no corpo, o traballo no chan  pélvico, baixei peso… “. No seu caso, Eva prefire vir soa á clase, xa que ten a posibilidade de deixarlle o neno á súa nai e “é a hora que me dedico a min”.

 

En  Máis que  Auga coidamos ás mamás durante o embarazo e o certo é que foron varias as que repetiron: “Algunha mamá tivo o primeiro embarazo connosco e volveron para o segundo e mesmo xa tivemos algún terceiro. Iso quere dicir que as mamás se sentiron ben coidadas, apoiadas e acollidas”. Precisamente iso é o que queremos.