Máis que Auga Coia: 7 anos contigo

03/11/2017

O mes de novembro é moi especial en Máis que Auga Coia porque é o mes no que vos e máis nós estamos de aniversario. Cumprimos xa sete anos xuntos!  Os protagonistas da foto de hoxe son Julia, Pablo, Paula, Mónica, Miro, Mateo, Juan, Ángeles, Cristian e Adrián.  Nesta imaxe faltan moitos: cadrar horarios para  xuntar a todos os abonados de Coia que levan con nós dende o principio é un labor imposible, igual que ocorre co equipo.  Os que vedes aquí representan só unha parte da grande familia que é Máis que Auga e que, por certo, non para de medrar.

Non podedes imaxinar a emoción e a ilusión que nos fai ser testemuña das vosas vidas durante todo este tempo. Ver coma foi medrando a vosa familia e como foron evolucionando os vosos fillos. Para nós é un privilexio comprobar como saías da adolescencia a primeira vez que cruzaches a nosa porta e hoxe es un home feito e dereito. Pero sobre todo o que máis nos enche é ver a felicidade coa que ves adestrar,  a confianza que depositas en nós e o afecto que nos demostras.

É moi bonito lembrar  que cando Paula, a filla de Julia e Pablo,  entrou por primeira vez en Máis que Auga Coia, tiña meses. Daquela era un bebé que, por suposto, non sabía nadar: hoxe é unha nena alta, espigada e espabilada de sete anos que se move polas instalacións e pola piscina como peixe (xurelo, no seu caso) na auga. O mesmo ocorre con Mateo e Juan os fillos de Miro e Mónica. Son a nova xeración Máis que Auga e estamos seguros de que esto vailles deixar pegada.

Góstanos ver que a incertidume coa que Cristian acudía por primeira vez ao noso centro desapareceu e superou todas as expectativas que tiña postas en nós. Ou comprobar o ben que se sinte Ángeles porque dende hai 7 anos pode gozar  sen límites dunha das cousas que máis lle gosta: o deporte. Fainos felices que Miro e Mónica, Julia e Pablo acudan a facer deporte en familia e eduquen aos seus fillos na saúde e o benestar que esto implica.

Por suposto, grazas aos grandes profesionais que nos acompañán dende o principio e que nos axudaron a formar esta gran familia que é Máis que Auga Coia: Adrián Haro, Javier Vázquez. Almudena López e Javier Alonso . Grazas por axudar aos que chegaron despois ca vos e por ser uns grandes compañeiros de viaxe!