Máis que Auga co Amfiv

27/10/2016

O Clube Deportivo Amfiv presenta nas instalacións de Máis que Auga Navia as súas tres novas fichaxes desta tempada para o seu equipo de baloncesto en cadeira de rodas: Agustín Alejos, vigués, formado na escola deportiva municipal e medalla de plata en Río; Abdi Jama, británico e  bronce en Río, e a australiana Shelley Cronau.

Estes tres xogadores e todo o equipo do Amfiv realizan a súa preparación física nas nosas intalacións. En Máis que Auga continuamos a liña de apoio ao deporte adaptado e aos deportistas locais. A través de convenios de colaboración queremos recompensar o seu esforzo e o seu espírito de superación permitíndolles usar de balde o noso complexo deportivo. Máis que Auga apoia tamén á paratriatleta Susana Rodríguez, ao nadador paralímpico Chano Rodríguez, ao triatleta Antonio Serrat e ao piragüista Carlos Pérez.

As novas fichaxes amosáronse encantados coas instalacións, suliñando a accesibilidade do edificio en tódolos aspecto: aparcadoiro, sala e máquinas.  O presidente do clube,  Xosé Antonio Beiro, agradeceu a aposta que fai Máis que Auga por apoiar o deporte minoritario na cidade.

Na presentación de hoxe, os xogadores estiveron acompañados polo presidente do Clube, Xosé Antonio Beiro e polo director de Máis que Auga, Francisco Cortegoso.