Máis que Auga celebra o IV Torneo Social de Pádel do Nadal

07/12/2015

ImprimirMáis que Auga celebra os días 18, 19 e 20 de decembro a cuarta edición do Torneo Social de Pádel do Nadal. O evento está dirixido a todos os socios de Máis que Auga e aos alumnos da Academia de Pádel de Máis que Auga, pero en ambos casos poderán convidar a un non abonado como compañeiro de xogo. A principal novidade deste ano é que por vez primeira o torneo tamén se celebrará nas instalacións de Navia.

O torneo, que se celebra nos complexos de pádel de Barreiro e Navia, é para as categorías masculina e feminina nos diferentes niveis da Academia. Todas as parellas participantes teñen garantida a disputa de dous partidos como mínimo.

A continuación tedes os horarios do torneo. O venres disputaranse os partidos en Barreiro, mentres que sábado e domingo o torneo trasladarase a Navia.

HORARIOS PA AZUL eMARRON

HORARIOS PA LARANXA