Máis que Auga celebra en Barreiro a festa do pádel

08/10/2018

Máis que Auga celebra o sábado día 20 o seu Torneo social de pádel, un encontro para atoparse e desfrutar do pádel combinando partidos e diversión de todos os niveis.

Nesta festa do pádel participan de xeito lúdico todos aqueles que forman parte da comunidade de pádel en Máis que Auga: alumnos, técnicos e membros dos equipos, para compartir unha xornada de xogo e de encontro social, que remata cunha cea-cóctel ao final da tarde.

O prezo da inscrición é de 12€ (cea incluída) para os socios de Máis que Auga e 15€ para alumnos ou participantes na actividade de pádel.

O torneo celébrase nas instalacións de Barreiro e conta coas categorías masculina e feminina nos diferentes niveis da Academia.

A inscripción no torneo está aberta ata o 17 de outubro. Inscríbete agora clicando no seguinte enlace:

Agardámoste!