Máis que Auga Barreiro: 7 anos contigo!

01/02/2018

Máis que Auga Barreiro cumpre 7 anos! Abrimos o 1 de febreiro do 2011 e dende aquela son moitos os que nos acompañan. Co motivo do noso aniversario quixemos xuntar a algúns deles para que nos contaran cómo foi a súa experiencia ao longo destes anos con nós.  Encantounos escoitar dalgúns deles que nas nosas instalacións lograron cumprir a illusion da súa vida como aprender a nadar ou que aquí se esquecen de todos os problemas. Grazas a todos por seguir confiando en nós!

Alejandra González, 41 anos: “ Quería poñerme en forma e Máis que Auga ofreciáme un servizo moi completo: ximnasio, piscina, clases moi variadas e sobre todo que podía vir a calquera hora do día. A experiencia? Boa! Non ves que estou en forma?”

Miguel Angel Pequeño, 43 anos: “A experiencia é excelente tanto polo trato de todo o equipo como pola amplitude do horario. Teño un abono familiar e acudimos todos: miña muller e os meus fillos de 10 e 13 anos. Podo probar moitas actividades diferentes e nestes anos ata empecei a xogar ao pádel”

Cruz Villamarín, 65 anos: “A experiencia? Fenomenal! Fago de todo: aquagym, natación, fitness…O mellor? Sen ningunha dúbida a amabilidade de todo o equipo”

Estrella Carrera, 70 anos: “Cómo califacaría a miña experiencia en Máis que Auga? Súper, súper ben. Un 10 é pouco. Empecei aquí porque quería aprender a nadar, e aprendín… eso sí, canta auga traguei! Ademais vou a fitness, gap, zumba, fago bici, elíptica, cinta…De todo, fago de todo. Dende que veño a Barreiro, a vida cambioume por completo, aquí esquezo todos os problema e cando non veño sinto que me falta todo”

Magdalena Barciela, 75 anos: “A miña experiencia e moi boa, moi boa, moi boa. Eu sempre pensaba que non quería morrer sen aprender a nadar, así que  cando este centro abríu apunteume e aprendín: a  ilusión da miña vida! Agora xa non hai quen me pare, se fai falta cruzo o Mediterráneo. Aquí pásoo bomba!”

Elena Panete, 75 anos: “Qué aportou Máis que Auga á miña vida? Sobre todo autodisciplina para facer actividade física…eu non teño vontade para saír camiñar ou facer exercicio se non me sinto obrigada ou alguén me da unhas pautas. Así que a experiencia é moi boa”