Usuarios comiendo sano en gimnasio vigo

Máis que Auga axúdate a comer san

20/02/2017

O servizo de nutrición de Máis que Auga, que dirixe Conchi Adrover, quere concienciar a todos os usuarios da importancia dunha alimentación sá e equilibrada. Por iso hoxe nos tres centros Máis que Auga de Barreiro, Coia e Navia todos os usuarios que acudiron a adestrar véronse sorprendidos cunha mazá como agasallo, ademais dun folleto informativo con recomendacións sobre alimentación.

Entre os consellos que da  a responsable do servizo, Conchi Adrover están: introducir froitas e verduras nas nosas comidas diarias, reducir o consumo de graxas saturadas,  e disminuir a inxestión de azucre.

Máis que Auga quere chamar a atención entre os seus abonados sobre a necesidade de eliminar do noso menú os alimentos ou produtos que, lonxe de aportar beneficios, incrementan o risco de desenvolver enfermidades.

O servizo de nutrición de Máis que Auga  está enfocado ás persoas con sobrepeso e tamén aos que queiran aprender algunhas pautas para mellorar a súa alimentación.  O gabinete adáptase ás necesidades de cada persoa  e elabora unha dieta pensando nas súas necesidades co seu posterior seguimento.

Case o 40% dos españois sufren sobrepeso e o 21% obesidade. Galicia é xunto Asturias e Andalucía unha das comunidades con maior taxa de obesidade, segundo o último estudio realizado pola Sociedade Española de Cardioloxía .