Máis que Auga acode ao Campionato Escolar de Natación en A Ramallosa

13/04/2016

Máis que Auga foi invitada ao Campeonato de Natación Escolar que se vai celebrar na piscina de A Ramallosa, o domingo 24 de abril desde as 10.00 e ata 13.15 horas.  As probas serán de croll e de espalda, 50 ou 25 metros, dependendo da categoría, e poden participar nenos e nenas de 7 a 14 anos.

Cremos que é unha boa oportunidade para que os pequenos teñan unha experiencia nova e inolvidable, onde ademais de competir, poidan gozar dunha xornada de convivencia con outros nadadores. Tamén para por en práctica aptitudes como o esforzo, o traballo e a superación. Se estás interesado en que participe, podes inscribirte a través desta web.

As categorías que poden participar no campeonato son: prebenxamín (nacidos nos anos 2008/2009), benxamín (2006/2007), alevín (2004/2005) e infantil (2002/2003). Edades que corresponden coas nosas categorías de tartaruga, calamar, xurelo, cachalote e golfiño

A data límite para facer a inscrición é o martes 19 de abril, antes das 23:30 horas.

Se o desexas, o teu fillo pode desprazarse no autobús que porá Máis que Auga e no que irán acompañados dos seus monitores (ida e volta). O custo é de 8 euros por neno, e pode pagarse nas recepcións dos nosos centros, onde informan de todos os detalles desta actividade