Máis que Auga acompaña a prata de Antonio Serrat nos Xogos do Mediterráneo

24/06/2018

O atleta vigués Antonio Serrat, patrocinado por Máis que Auga, conseguiu un segundo posto e a medalla de prata na proba de tríatlon dos Xogos do Mediterráneo, disputada o sábado 23 de xuño na modalidade sprint. A proba disputouse no circuíto urbano Altafulla, localidade tarraconense elixida para o tríatlon, e o atleta vigués fixo un tempo de 57’.44” quedando a uns 17” do vencedor, o portugués João Pereiro.  Serrat formaba parte do equipo español masculino, xunto a Antonio Benito que rematou no terceiro posto.

Con esta victoria Serrat continúa a súa progresión destacada na elite do atletismo, onde neste ano 2018 xa obtivo moi bos resultados nas series mundiais de Yokohama (11º posto do mundial) e Leeds (18º posto, correndo tras unha lesión moi recente).

Máis que Auga patrocina Antonio Serrat desde 2015. O atleta adestra con Omar González, que fóra anteriormente adestrador de Gómez Noya. O atleta vigués mantén a súa progresión regular ano tras ano, rematando 2017 en posicións destacadas na élite mundial dentro do top 18. Os seus mellores resultados nese ano foron a 3ª posición na Copa do Mundo de Weihai, en China, e tamén nos campionatos de Europa, distancia sprint e olímpico, onde foi 7º e 8º respectivamente. Serrat foi tamén anteriormente subcampión de Europa junior de tríatlon.

Ademais do apoio a Serrat, Máis que Auga patrocina ou colabora con outros deportistas líderes en deportes minoritarios, como o campión paralímpico Sebastián Chano Rodríguez e o equipo de baloncesto en cadeira de rodas do Anfiv. Tamén colabora co equipo Celta Zorka de baloncesto feminino.

Á dereita, Antonio Serrat, coa súa medalla de prata xunto a Antonio Benito, bronce, tras a proba de Tarragona.