MÁIS QUE AUGA ACOLLERÁ UNHAS XORNADAS DE FORMACIÓN SOBRE A ACTIVIDADE FÍSICA NO EMBARAZO E POSTPARTO

17/01/2021

Sabedes a importancia que lle damos en Máis en  Auga á formación continuada, algo prioritario nun sector como o noso, en continua evolución e crecemento. Por iso, estamos encantados de recibir estas xornadas de formación sobre a actividade física durante o embarazo e o postparto, que será impartido pola empresa  Bmom, especializada na actividade física da muller e que está presente en 7 países.

 

Esta formación está dirixida aos profesionais do sector e quen a realice obterá o certificado BmomGym, que é unha especialización en actividade física e exercicio terapéutico durante o embarazo e postparto.

 

Nesta ocasión, o curso tivo que adaptarse ás especiais condicións nas que nos atopamos pola pandemia da COVID-19, de forma que será unha formación intensiva, e a parte teórica realizarase de forma  on-line o 30 de xaneiro. Despois, os días 6 e 7 de febreiro terá lugar a práctica, que será presencial no  Máis que  Auga de  Coia. Vai dirixida aos profesionais do sector.

 

Esta formación é a única que se celebrará en Galicia a cargo de Bmom, unha empresa cunha gran experiencia na actividade física da muller e cunha destacada calidade formativa, tal e como asesora o éxito da súa certificación, xa que é o único programa destas características que se imparte en diversas Universidades de Fisioterapia.

 

Na seguinte ligazón terás toda a información sobre o certificado BmonGym, así como do curso.

Embarazo e deporte

 

Está demostrado que a actividade física e o exercicio durante o embarazo beneficia á maioría das mulleres e mesmo ao bebé. O máis importante é que te poñas en mans de profesionais para adaptar o adestramento a cada situación persoal. Evidentemente antes sempre debes consultar co teu xinecólogo para asegurarse de que non exista ningunha razón médica que impida o exercicio.

 

A realización de actividade física durante o embarazo permíteche minimizar ou eliminar molestias típicas provocadas polo embarazo, como as dores de costas, ademais de preparar o teu corpo para o parto e de axudarche a ter unha pronta recuperación postparto.