Máis que Auga acada os 2.029 kilogramos doados ao Banco de Alimentos

14/01/2019

En Máis que Auga acadamos os 2.029 kilogramos doados a Banco de Alimentos de Vigo nos cinco anos de colaboración entre ambas entidades. A última aportación que fixemos en 2018 tivo lugar o pasado venres no edificio da Fundación Central de Banco de Alimentos de Vigo, e súmase ás achegas que os 20.100 socios e abonados de Máis que Auga depositaron durante o Nadal nos tres centros Máis que Auga de Navia, Coia e Barreiro.

Durante os últimos meses, Máis que Auga participou activamente na campaña solidaria ligada á carreira San Silvestre viguesa, na que aportamos gorros de Nadal aos corredores a cambio dunha doazón alimentaria. A carreira saldouse cun total de 5.000 kilogramos recolectados para Banco de Alimentos de Vigo.

Máis que Auga participa en diferentes iniciativas solidarias coma a organización do Festimáis, un festival que reúne deporte, diversión e solidariedade nas instalacións de Navia, cuxa recadación estivo destinada o pasado ano á asociación Bicos de Papel, que ofrece asistencia ás familias con cativos ingresados na área Oncolóxica do hospital vigués Álvaro Cunqueiro.