Máis que Auga abre as consultas ‘online’

31/10/2018

Esta semana Máis que Auga activa unha nova canle de comunicación directa cos usuarios e usuarias: o chat online que xa temos dispoñible na nosa web.
A ferramenta permite entrar en contacto directo cunha persoa do equipo Máis que Auga, que te pode axudar a resolver as túas dúbidas sobre o servizo ou orientarte para atopar a información que estás a buscar na web.
O acceso é automático para calquera que accede á nosa web: unha icona verde co indicador do
Chat acompaña ao usuario na súa navigación polas páxinas do sitio www.maisqueauga.com


Se no momento da túa consulta, non estivese un dos nosos profesionais dispoñibles, podes deixarnos a túa mensaxe e respostarémosche o antes posible.

Con esta nova ferramenta Máis que Auga ofrece aos seus usuarios unha nova fórmula de comunicación directa e complementaria das mensaxes a través das redes sociais, a canle máis utilizada polos nosos socios para consultar información sobre horarios, prezos, servizos ou simplemente para comunicar incidencias. No caso da mensaxería a través de Facebook, Instagram e Twitter, Máis que Auga goza dun excelente índice de resposta, segundo a valoración que a propia rede fai do tempo que pasa entre a consulta e a súa resposta.

Todas estas ferramentas funcionan como alternativa ás consultas directas nas recepcións dos centros, presenciais ou telefónicas, e tamén ás preguntas ou mensaxes a través de aplicacións web como Google Business.

Agora máis que nunca, seguimos en contacto!