Máis que Auga abre as súas portas aos colexios de Vigo

26/06/2016

As instalacións de Máis que Auga Barreiro abriron as súas portas a un grupo de 21 adolescentes, do colexio San José de la Guía, que puideron gozar durante toda unha mañá das diferetes actividades que ofrecen os nosos centros.

Esta acción é a primeira dunha campaña que se quere ampliar aos centros educativos de Vigo para que coñezan a oferta que Máis que Auga pon á súa disposición nas súas tres instalacións da Navia, Coia e Barreiro. Ao longo do próximo curso, visitar as nosas instalacións durante unha xornada vai ser unha das actividades que os estudantes da cidade poden realizar fora do colexio. No outono seguirán as visitas.

Os mozos, acompañados por monitores de Máis que Auga, exercitáronse na sala fitness, tiveron unha clase de taekwondo e outra de pádel. Puideron probar como é unha actividade de wodfit infantil, bailaron zumba e terminaron na piscina. Unha lección práctica dos beneficios que a actividade física ten para as persoas e, en especial, para as de a súa idade.

Todos, ademais dunha grata impresión das instalacións de Barreiro, fóronse cun agasallo e un bono promoción para volver coas súas familias a Máis que Auga.