Gimnasios de Vigo accesibles para discapacitados

Máis deporte e menos barreiras

02/12/2016

Este fin de semana celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade: unha data para que a sociedade tome conciencia da importancia de facer un mundo máis accesible ás persoas que sufren algún tipo de discapacidade.

En Máis que Auga  sempre o tivemos claro: apostamos pola integración no mundo do deporte. Queremos e creemos nos ximnasios adaptados para todos calquera que sexa a súa condición física. Os tres centros Máis que Auga de Barreiro, Coia e Navia están pensados e proxectados para que as persoas con discapacidade teñan unha mellor calidade de vida.

En Máis que Auga temos a satisfación de colaborar e apoiar a dous grandes deportistas con discapacidade que participaron nas paraolimpiadas de Río: Susana Rodríguez Gacio e Chano Rodríguez. Os dous escolleron as nosas instalacións para o seu adestramento. Os xogadores  do clube Amfiv tamén contan co noso apoio e adestran en Máis que Auga pola súa accesibilidade e pola comodidade que lles supón.

As instalacións de Máis que Auga están deseñadas  para gozar nelas e para  facerlle a vida máis dodada a todos os usuarios. A eliminación de barreiras arquitectónicas e a adaptación das nosas salas, piscinas, accesos, vestiarios e baños é un compromiso e unha obriga moral do que non nos afastamos nunca.