Máis de 8.000 persoas festexan a San Silvestre con Máis que Auga

31/12/2018

“Isto non remata, levamos media hora de saída”, bromeou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao comezo da San Silvestre 2018, arredor das 17.00 horas desta tarde. E, aínda que a saída, situada na Praza de Compostela, nin moito menos durou media hora, o certo é que parecía non ter fin. O hashtag #vigoderécord, que estes días circulou polas redes sociais, cobrou todo o seu sentido na tarde do derradeiro día do ano, na que máis de 8.000 persoas puideron gozar dunha San Silvestre viguesa que, ao igual que nas súas súas últimas edicións, unha vez máis conseguiu bater – e incluso superar- o seu propio récord.

E, como non podía ser doutro xeito, Máis que Auga estaba alí. Cunha carpa propia, dende a que se repartiron miles de gorros de Papá Noel entre os asistentes, pero tamén en cada un dos corredores e corredoras que decidiron formar parte desta festa do deporte e da solidariedade. Porque, se algo houbo que festexar nunha xornada tan chea de emocións coma esta, foi a recollida dun total de 2.500 kilogramos de alimentos non perecedeiros para Banco de Alimentos de Vigo, unha campaña na que Máis que Auga participou activamente durante as pasadas semanas.

Cunha ampla maioría de inscritos procedentes da propia comunidade autónoma galega, pero tamén cunha boa cifra de participantes chegados dende toda España, e incluso de Portugal, Alemaña, Suiza, Francia ou Italia, entre outros, a nomeada derradeira carreira do ano transcorreu por rúas coma García Barbón, Colón, Praza da Constitución, Teófilo Llorente ou Cánovas del Castillo, onde houbo cantigas festivas, palabras de ánimo, risos e, sobre todo, moita ledicia.

Á súa chegada á meta, situada na mesma Praza de Compostela da que partiron, todos e cada un dos participantes recibiron o seu flayer Máis que Auga, co que poderán obter un 25% de desconto na matrícula de novas altas de socio en calquera dos nosos centros, en Coia, Navia e Barreiro.

Por un 2019 no que sigamos compartindo experiencias xuntos!