Máis de 66.000 persoas participaron na campaña do Nepal

25/06/2015

Máis de 66.000 persoas participaron durante o mes de xuño na Campaña de axuda aos nenos do Nepal emprendida por Máis que Auga tralo terrible terremoto que asolou este país.

Esta iniciativa, baixo o lema Aquí facémolo todo co corazón,  tivo dúas vías de actuación fundamentais: A través de novas altas de socio ou cursillista ou polas redes sociais. Por cada nova alta de socio ou curso,  a empresa fixo unha doazón de tres euros á campaña de Unicef de axuda aos nenos e nenas afectados polo terremoto do Nepal, mentres que  a través das redes sociais Máis que Auga doou 0,10 euros por cada compartido ou retwiteo desta campaña. En total máis de 66.000 persoas foron alcanzadas pola campaña das redes, mentres que se fixeron 117 novas altas.

Desta forma, a empresa realizou unha doazón de 500 euros a Unicef para a campaña de axuda ao Nepal (pola acción do facebook fixo unha aportación de 131,8 euros, por twitter 3,3 e coas novas altas, 351 euros).
 
AQA Vigo Xestion deportiva