Máis de 200 persoas comezan en Máis que Auga o reto polas calorías

15/04/2018

O denominado reto Queima calorías é un desafío no que xa están inscritas máis de 200 persoas dos centros Máis que Auga en Barreiro, Coia e Navia. A partir deste 16 de abril e ata o día 29 os usuarios de Máis que Auga poden iniciar esta actividade que consiste en medir sistematicamente e por equipos as calorías consumidas facendo exercicio nos equipos dos centros. O obxectivo é queimar 5.000 calorías nunha competición ideada por LifeFitness que xunto a Máis que Auga desenvolven esta experiencia. Conseguir ese obxectivo terá premio máis aló da satisfacción persoal porque haberá regalos para os e as mellor clasificadas.

Para entrar no reto os participantes só teñen que equiparse previamente cunha aplicación específica a través da que se mide día a día o progreso de cada un dos grupos creados nos centros. Ao través de la aplicación WeFitter, que funciona como base de operacións, rexístrase o consumo de calorías realizado durante as sesións de adestramento e se incorporan os datos ao grupo no que está inscrito o usuario ou usuaria: o reto persoal convértese nun reto colectivo porque os grupos de Barreiro, Coia e Navia compiten entre si.

Medir as propias constantes físicas mentres facemos exercicio converte a acción nun desafío motivador para xente como Vanesa (30 anos), usuaria de Navia, porque “poñerme obxectivos motívame, para min é moi divertido”. Tanto ela como Javi son usuarios que habitualmente miden os datos de esforzo rexistrados mediante a súa pulseira de Máis que Auga. Usuarios e usuarias de entre 20 e 40 anos son o tipo de público máis representativo nos grupos participantes no reto.

Un reto alcanzable

O consumo de calorías é un dos índices máis usuais para medir o estado físico. Pero non é doado saber cal é o nivel satisfactorio porque “o consumo de calorías depende do noso metabolismo entre outros moitos factores”, como explica Roberto García do área de nutrición en Máis que Auga Navia. O técnico opina que un consumo de 5.000 calorías en 2 semanas “é un reto alcanzable”, xa que 2 horas de adestramento supoñen un consumo dunhas 500 calorías.