Máis de 100 alumnos wodfit en Máis que Auga Barreiro

24/01/2016

O wodfit, esta especialidade deportiva tan en boga, irrompeu con forza na súa estrea en Máis que Auga Barreiro.  A demanda existente para participar neste programa de forza e alta intensidade provocou que se habiliten máis horarios para cubrir as expectativas. Desta forma, actualmente son máis de cen as persoas que acoden habitualmente ás clases de wodfit impartidas polo monitores Marco e Manu na moderna sala box de Barreiro. Ademais este adestramento atrae tanto a homes como mulleres: O 52 por cento dos participantes son homes e o 48 por cento restante, mulleres.

 

Máis que Auga Barreiro estreou esta modalidade en outubro e nestes tres meses o interese foi crecendo. A clase consiste nun quecemento intenso para despois realizar un wod (exercicio) que varía segundo o día.

 

Máis que Auga estableceu unha tarifa plana para a sala box, na que se impartirán as clases de wodfit e TRX. Ao contratar un curso de dous días á semana (que podería ser un día de wod e outro de TRX ou combinalos doutra forma), o cliente poderá acudir a clase outros días da semana, sempre que haxa prazas vacantes. O primeiro sábado de cada mes temos wodfit libre para os clientes inscritos na tarifa plana. O box estará dispoñible de 10.30 h. a 12.30 horas para que poidan adestrar ao seu aire e coa presenza dun monito para calquera consulta ou petición.

 

Podes consultar os horarios de wodfit nesta ligazón: