MÁIS QUE AUGA PREMIA A TÚA FIDELIDADE CUN AGASALLO

21/04/2021

Levamos ás nosas costas un ano moi complicado. Foi duro para todos e todas, tanto a nivel persoal, como social, familiar, económico… Moitos meses de incerteza, de confinamento, de inseguridade, de medo… Pero tamén momentos de solidariedade, de xenerosidade, de amizade, de apoio, nos que nos apoiamos na xente que suma, que conta, que sempre está… E iso tamén nos pasou en Máis que Auga!

 

Miles dos nosos socios e socias permaneceron fieis durante todo este tempo. A pesar dos peches e as dúbidas, non se deron de baixa en ningún momento demostrando, unha vez máis, que somos unha familia e que, como tal, estamos nas boas e as malas… Agora, co proceso de vacinación en marcha e boa parte dos nosos maiores vacinados, comezamos a ver o futuro con máis esperanza, e en  Máis que  Auga pensamos que chegou o momento de premiar a fidelidade dos nosos abonados cun agasallo!

 

A todos os socios/ as que non se deron de baixa desde marzo de 2020,  Máis que  Auga regalaralles un novo curso para eles ou a persoa que elixan, durante os meses de MAIO E XUÑO*. Todas as persoas interesadas poden consultar na recepción dos seus centros as posibilidades existentes para facer a reserva do curso. Non te despistes! Debes realizar a túa reserva ANTES DO 30 DE ABRIL.

 

*(O agasallo será un curso dun día á semana de sala ou auga, durante os meses de maio e xuño e sempre que haxa prazas dispoñibles)