EN MÁIS QUE AUGA EMPRENDEMOS O CAMIÑO DE SANTIAGO!

11/05/2021

Os que nos coñecedes, sabedes o moito que nos gustan os retos! Así que hoxe queremos propoñervos un deses que non ides esquecer xamais: Coincidindo coa celebración do Ano Xacobeo, queremos facer convosco o Camiño de Santiago Portugués e conseguir nosa Compostela! E que temos que facer para iso? Un percorrido mínimo de 100 quilómetros que, no noso caso, dividiremos en cinco etapas que realizaremos en cinco fins de semana de maio e xuño. É un reto ambicioso, si, pero a familia  Máis que  Auga está afeita cumprir aquilo que se propón, así que propoñémosvos unha vez máis unha pequena aventura, como sempre, con todas as medidas de prevención necesarias (seguro, guía, acompañante, servizo de autobús…) buscando a vosa seguridade e a consecución dun novo desafío!

 

Como case todos sabedes para conseguir a Compostela hai que realizar un mínimo de 100 quilómetros en calquera Ruta Xacobea e selar a credencial ao finalizar cada unha das etapas (pódese facer en albergues, oficinas de correos, igrexas, concellos, asociacións de Amigos do Camiño…). Desta forma, en  Máis que  Auga eliximos o Camiño Portugués da Costa e dividiremos os cen quilómetros en cinco etapas de aproximadamente 20 quilómetros cada unha. Ao longo do Camiño, poderemos gozar de incribles paisaxes e desa maxia do Camiño que acompaña a todos os peregrinos/as. E, no noso caso, acompañados polos membros da familia Máis que  Auga!

 

Que necesitamos para facer o Camiño? Por suposto, imprescindible, calzado e roupa cómoda, protector solar se fai sol,  viseira ou chapeu, un  chubasqueiro por se toca choiva e algo para comer e beber para o percorrido.

 

A primeira das etapas será o domingo 23 de maio e levaranos de Vigo a Redondela, e o seguinte domingo, 30 de maio, o noso percorrido será Redondela-Pontevedra. Ao finalizar cada unha das camiñadas, que se farán pola mañá, o regreso será en autobús.

 

Despois teremos unha semana de descanso e regresaremos á estrada o día 13 de xuño, no que realizaremos o percorrido Pontevedra-Caldas. As dúas últimas etapas serán: Caldas- Padrón (20 de xuño) e Padrón-Santiago (27 de xuño).

 

O prezo da actividade será de 55€ para os socios e 70€ para os non socios. No prezo vai incluído o seguro obrigatorio e o transporte de ida e volta nas etapas que é necesario. Se estades interesados, podedes preguntar na recepción de calquera dos nosos centros. Os socios terán preferencia e a súa inscrición comezou xa o día 10 de maio, mentres que os non abonados terán que esperar ata o día 17 para poder reservar a súa praza. O período de inscrición en ambos os casos finaliza o 22 de maio.

 

Só falta que vos apuntedes e gocedes desta experiencia única e … “ bo  camiño!”