A MAIOR PARTE DOS USUARIOS CONSIDERAN QUE OS XIMNASIOS SON UNHA CONTORNA SEGURA PARA A SÚA SAÚDE

03/06/2021

Estamos convencidos de que tomamos todas as medidas necesarias para que poidades realizar deporte nunha contorna segura, pero encántanos ver que vós tedes a mesma confianza que nós. Por iso, a enquisa realizada polo Departamento de Sondaxes de  CMDSport énchenos de satisfacción. Esta empresa realizou unha sondaxe no que participaron 3.635 persoas da audiencia dos seus soportes informativos e que foi publicada no número 348 da súa revista dixital. Na devandita enquisa, o 55% dos entrevistado afirman que os ximnasios son unha contorna segura para a súa saúde e tanto só o 19% opina o contrario (un 26% dos participantes non se define).

 

Hai aspectos interesantes que reflectir dentro da enquisa. As mulleres foron as que máis se pronunciaron nese sentido positivo, chegando case ao 70 por cento das enquisadas (69%), mentres que o índice de respostas masculinas situouse nun 51%. E outro dato destacado, os practicantes de fitness, curiosamente os que máis e mellor coñecen e utilizan as instalacións, foron os que declararon sentirse máis seguros nelas, chegando a unha porcentaxe do 85%.

 

Estes datos veñen confirmar que os usuarios aprecian os protocolos  anti COVID-19 adoptados nos centros deportivos, para poder realizar a práctica deportiva con seguridade nestes complicados momentos que nos tocou vivir.

 

Medidas  anti COVID-19

Case a metade dos enquisados consideran que as medidas marcadas polas administracións con respecto ao aforo ou o uso de máscaras son “lóxicas” dada a pandemia sanitaria provocada pola COVID-19 e ao 31% parecéronlle excesivas. E de todas as medidas adoptada, a máis “impopular” sen dúbida foi a obrigatoriedade do uso da máscara mentres realizas deporte (56%), seguido a unha importante distancia polo peche das duchas (27%).

 

Na seguinte ligazón, deixámosvos a información de  CMDSport na aparece recollida esta enquisa, con moitos datos de interese.