Life Fitnes, máquinas de cardio para facer deporte e máis

01/12/2019

A canta xente coñeces que di que non vai ao ximnasio porque é aburrido? A moita, verdade? Pois agora a escusa terá que cambiar. En  Máis que  Auga non podes aburrirte! Se vas só e acodes á zona de cardio, as nosas máquinas de última xeración ofrécenche multitude de variantes para facerche a túa experiencia entretida.

 

Se te sobes ás nosas máquinas Life Fitness, verás na súa pantalla a multitude de variantes das que dispós para non só correr ou camiñar. Podes ver internet (youtube é unha das opcións máis utilizadas polos nosos clientes), pero tamén podes ver a televisión, conectar o teu móbil, ver o teu adestramento ou se es usuario de  Netflix optar por ver as túas series favoritas a través da aplicación que aparece na pantalla.

 

Pero se cando fas deporte prefires escoitar música, tamén podes facelo e sen esquecer os percorridos virtuais, que che permiten facer unha escalada pola Gran Escalinata (en Estados Unidos), ou coñecer Nova Zelandia, ou facer roteiros por Alemaña ou Australia. Ademais de ir mostrándoche o percorrido (todos eles moi fermosos) tamén te achega información sobre a zona, sumamente interesante, sempre que sexas capaz de ler e camiñar á vez sen marearte!.

 

Evidentemente, tamén hai xente que o único que quere é facer deporte sen ningún tipo de distracción. Para eles temos máquinas sen pantallas nas nosas instalacións ou, simplemente, ignóraa. Iso si, en todas elas terás a información habitual da túa sesión de  adestramento (duración, quilómetros percorridos, ritmo, frecuencia cardiaca, calorías consumidas…).

En  Máis que  Auga tentamos sempre estar á última neste sector tan moderno e cambiante e é por iso polo que non deixamos de renovar o noso material “de oficina”, para ofrecervos así as últimas e mellores propostas en fitness a nivel mundial. Ano a ano dedicamos unha partida á renovación das nosas instalacións, para poder ofrecervos o mellor material e sempre á última. Así, por exemplo, este ano houbo renovación de maquinaria en  cardio en  Coia e na zona  de peso en Barreiro.