Lembra os horarios de verán Máis que Auga

21/07/2016

Máis que Auga tan só pechará a zona de auga (piscina + zona de relax) durante uns quince días, nos que se levará a cabo tarefas de limpeza e mantemento das instalacións estipuladas no regulamento sanitario de piscinas da Xunta de Galicia. Mais sempre terás piscina dispoñible nalgún dos nosos tres centros, coas seguintes alternativas:

  • COIA: pechará a zona de Auga do 1 ó 15 de agosto.
  • NAVIA: cerrará a zona de Spa do 16 ó 31 de agosto.
  • BARREIRO: pechará a zona de Auga do 16 ó 31 de agosto.

Ademais, aumentaremos o número de horas das instalación nos tres centros e os accesos entre as diferentes instalación será nas mesmas condicións que durante o período invernal agás no horario de mediodía e o dos domingos.

A oferta de cursos intensivos tanto de piscina como de pádel para os meses de verán xa se pode consultar no horario de cada centro e para inscribirse tan só terá que acudir a recepción dos nosos centros. Ademais, poderá abonar únicamente o importe dun mes xa que ao ser unha programación específica non suporá ningunha vinculación cos meses posteriores agás para a actividade de pádel, onde haberá unha continuidade entre os meses de xullo e agosto.

No tocante os socios, este ano terán de balde os servizos da Xogoteca de Barreiro e Navia dous días a semana. Poderán reservar tamén de balde os servizos de Pádel para as partidas de luns a vernes de 7:00 horas a 14:30 horas. Ademais, de forma gratuita terán a súa disposición a zona de auga con monitor, as actividades de seco, as pistas multideporte e as zonas de lecer. Tamén poderán empezar a desfrutar da zona de Solarium tanto en Barreiro como en Navia. Finalmente, terán prioridade a hora de contratar unha praza para os cursos vindeiros tendo como prazo para inscribirse ata o 1 de agosto.

Os cursos para a tempada 2016-2017 renovaranse de forma automática polo que o cargo pasarase polo banco o 1 de setembro. Esto ofreceralle, igual que ós abonados, a posibilidade de cambiar a hora da actividade ata o 1 de agosto. En canto ós usuarios de baixa ou clientes externos deben saber que se abrirá o período de inscrición o 13 de agosto.