Juliana: unha historia Máis que Auga

31/10/2016

Juliana Rodríguez ten 25 anos, mide 1,55 e é usuaria de Máis que Auga dende hai un ano. A primeira vez que acudíu as nosas instalacións de Coia pesaba 116 kilos, agora pesa 91. O sobrepeso estáballe causando graves problemas de saúde física e psíquica: a súa autoestima estaba tocando fondo. Juliana decidíu inscribirse en Máis que Auga pero sen demasiado convencemento porque non creía nela mesma e confésanos que, antes de comezar, xa estaba a piques de tirar a toalla: non era quen de subirse a unha bici, dáballe vergoña que a xente a mirara ou que pensaran mal dela

Afortunadamente en Máis que Auga atopou técnicos que a apoiaron e axudáronlle a creer nela. Comezou pouco a pouco con actividades de cardio. Agora é capaz de subirse sen ningún tipo de problema a unha bici, facer exercicios de suspensión nos TRX e sobre todo practicar zumba que é o que máis lle gusta. Juliana cóntanos que o zumba foi unha auténtica terapia para ela e que ás veces só ía para ver sorrir á xente.

juliana 032

Todo o traballo que Juliana fixo en Máis que Auga estivo acompañado por suposto por unha dieta alimenticia equilibrada.  Juliana cóntanos a súa experiencia para apoiar á xente que está pasando por unha situación parecida á súa: quere animalos a comezar con hábitos de vida saúdables practicando exercicio físico e alimentándose correctamente.

Juliana aínda ten por diante camiño por percorrer. Para chegar a un peso equilibrado ten que baixar 30 kilos pero sabe que agora é quen de facelo porque ten o máis importante: confía nela, sabe que é capaz de superar retos e, sobre todo, é quen de sorrír de novo.