Josiño Kilosdesobra: “sempre se pode”

11/01/2019

Cando comezou o ano plantexando o típico reto, Josiño Estévez (Vigo, 1975), habitual do centro de Coia, pesaba 178 kilos. Tiña a sensación de que chegara ao seu tope e o reto non era esixente: baixar 5 kilos antes das vindeiras vacacións.

Cando un ten bastantes kilos de máis andar non é fácil: “os problemas físicos do sobrepeso son moi limitantes”, asegura. Pero, a Josiño, loitar contra si mesmo non lle asustaba tanto como combater o aburrimento mentres baixaba de peso a base de exercicio. “Andar só é aburrido. Nin cos cascos postos. Pero se queres mellorar sempre se pode”.

Descubriu que andar na compaña doutras persoas e intentar convencelos para seguir “era algo que me motivaba máis”. Logrou completar o seu primeiro reto, baixou “case cinco quilos”, e a xente comezou a coñecelo.

Hoxe ‘Kilosdesobra’ é unha experiencia seguida en Instagram por máis de 700 persoas, que xira arredor do dia a día que Josiño transmite en pequenos vídeos e fotos. “Todo o que fago -conclúe- é para non perder as gañas”.