Ivo Maseda: “O deporte aporta humildade”

26/01/2018

Para Ivo Maseda (Lugo, 1997) o atletismo é toda a súa vida. Do grupo de deportistas que patrocina Máis que Auga, (Chano Rodríguez, Susana Rodríguez Gacio e Antonio Serrat) él é o benxamín.  Cóntanos que corre dende que ten  uso de razón e que non se pode imaxinar a vida sen facer deporte. Apórtalle disciplina, humildade e respecto e asegura que con constancia, traballo e esforzo pódese conseguir calquera cousa . Aínda que agora sufre unha pequena fascitis no pe dereito, ten as súas metas postas no Campionato Unión Mediterranéa Sub23 que se celebra no mes de xullo en Italia. Falamos con él de éstas e outras cuestións nas instalacións de Máis que Auga Coia onde adestra a diario.

Dende cando fas atletismo e cómo comezou a túa carreira?

Fago atletismo prácticamente dende que teño uso de razón, tamén practiquei  outros deportes como fútbol, balonmano ou natación, pero sempre me gustou máis correr. Comecei apuntándome a unha carreira popular gracias a un amigo. Corrín esa carreira e á semana seguinte xa me apuntei a atletismo no equipo do meu colexio, os Franciscanos de Lugo. Dende aquela non parei ata hoxe.

Ao tempo que adestras tamén estudias? Cómo  levas compaxinar as dúas cousas?

Compaxinar non é doado. Estudo Enxeñería Mecánica na Universidade de Vigo e a verdade é que me está resultando unha carreira bastante complicada:  hai que dedicarlle moitas horas ás duas cousas. Polas mañás vou á facultade  e polas tardes adestro, a partir das sete.  Nalgunha época da tempada teño que dobrar, o que significa entrenar dúas veces no día, nese caso teño que perder clase, non me queda outra. Tempo libre para estudar ou facer traballos só me queda pola noite ao chegar de adestrar, e o fin de semana.

Cales son os retos deportivos que te prantexas para este 2018?

Agora  mesmo  estou lesionado, teño unha fascitis que arrastro dende hai meses.Así que o meu primeiro obxectivo é recuperarme por completo da lesión.  A partir de aí a miña intención é intentar a marca mínima en 10. 000 metros para participar coa selección española no Campionato Unión Mediterranéa  Sub23 que se celebra en Jesolo, Italia. Outro obxectivo importante é conseguir, se a miña lesión mo permite,  unha medalla no Campionato de España de Fondo en Pista Sub23 en 10.000 metros  e no Campionato de España de Pista ao Aire Libre Sub23 en 5.000 metros

Qué fas para manter a túa disciplina?

Márcome obxectivos a corto plazo pero tamén obxectivos ambiciosos e traballo a diario para conseguilos, intentando mellorar pouco a pouco.  Nunca deixo de adestrar, é máis: os días que non me apetece son os que máis contan, valen doble porque o esforzo tamén é superior.

Entre os estudos e os teus adestramentos queda tempo para a diversión para un rapaz da túa idade?

Algo de tempo sempre queda pero non moito. De vez en cando podo permitirme quedar cos amigos, obviamente hai que renunciar a moitas cousas e momentos , pero sempre paga a pena porque sabes que o fas por un motivo e por alcanzar unhas metas. Ao final cando consigues o que te propuxeches a satisfacción é moito maior.

Qué consello lle darías ás persoas que creen que non son capaces de cumprir o seu reto?

Que están equivocados. Obviamente cada un ten as suas limitacións, pero dentro do razoable, con traballo, esforzo e constancia, pódese conseguir calquera cousa que te prantexes.

Qué che aporta o deporte?

Para min o deporte é todo, é a miña vida. Apórtame respecto, humildade, disciplina. A verdade é que non me imaxino unha vida sen deporte.

Qué supón Máis que Auga para o teu adestramento?

Para min Máis que Auga  é imprescindible. Para un atleta é importantísimo  realizar traballo de forza nun ximnasio, tamén necesito moitas veces as bicicletas elipticas, estáticas ou as de spinning para cando teño algunha molestia e non me quero sobrecargar. Outro espacio que tamén utilizo moito é a zona de spa, venme moi ben para soltar a musculatura de vez en cando.

Neste momento, ao estar lesionado utilizo prácticamente todas as instalacións, incluso me ven moi ben a piscina para seguir traballando a capacidade aeróbica sin ter o impacto que hai cando corro.