Solario e terraza: “Isto é incrible”

24/07/2016

Cantas veces pensamos que a piscina a que acudimos con frecuencia lle falta unha terraza ou un solario. Máis dunha, seguro. En Máis que Auga Navia e Barreiro habilitamos unha zona na que despois de liberar endorfinas na piscina se pode absorber a vitamina D. “Isto é incrible”, comenta un usuario.

Aproveita os meses de verán para ir a piscina e sen quitar o bañador acudir ó salario de Navia ou a refrescarte por dentro na terraza de Barreiro, antes de que a chuvia faga a súa aparición. Na zona disponse de varias hamacas, sofás, cadeiras, mesas e parasois. “Só lle falta unha piscina aquí arriba”, bromea un chaval en Navia.

Este novo lugar aporta a posibilidade de combinar unha calurosa serie de 50 metros dentro da piscina e a vitamina D que absorbes do sol. Pero non olvides levar protector solar, non vaia ser que acumules vitamina demais.

IMG_4846

Varios usuarios desfrutando da terraza en Máis que Auga Barreiro.