Invita aos teus amigos a coñecer Máis que Auga Barreiro

24/04/2016

Máis que Auga quere que, sin costo algún, varias amigas ou amigos dos nosos socios teñan a oportunidade de coñecer e probrar de balde as excelentes instalacións de Máis que Auga Barreiro. Animamos a todos os socios e socias a que inviten aos seus amigos, familiares, compañeiros de traballo,… a compartir un día con eles nestas instalacións. Temos invitacións dobres de balde nas recepcións dos centros de Navia, Coia e Barreiro, onde cada socio pode solicitar as que precise.

Dan dereito, en Máis que Auga Barreiro, a o uso libre das piscinas, spa, salta fitness e tamén as actividades dirixidas xerais. Unha xornada para gozar do mellor centro deportivo da cidade. A promoción para acudir coa invitación a ditas instalacións remata o 31 de maio.

Lembra que este mes, os novos socios que fagan a matrícula a través da web teñen un 50% de desconto. E calquera que desexe apuntarse despois, que pregunte polas promocións específicas que en cada momento aplicamos na nosa instalación de Barreiro.

Non esperes máis, recolle as túas invitacións e quedarás estupendamente cos teus amigos.