INVICTO, UNHA ACTIVIDADE PARA LIBERAR ESTRÉS E QUEIMAR CALORÍAS

09/01/2022

Sabedes o moito que nos gusta entrar nalgunha das vosas clases e despois contárvolo! Así que, volvémolo a facer! Nesta ocasión fomos ao  Máis que  Auga de Barreiro e coámonos na clase de Invicto. É verdade que era un día pola mañá e previo de festivo, así que a afluencia era un pouco máis reducida do habitual, pero aínda así puidemos falar coas asistentes e coñecer as súas impresións sobre esta clase.

 

Pero imos empezar por explicar que é Invicto. “É un programa de adestramento cardiovascular  coreografiado e inspirado nas artes marciais. Os participantes realizan golpes, puñadas, patadas e  katas, queiman calorías e conseguen unha maior resistencia cardiovascular”. Non pensedes que só está indicado para persoas cunha gran forma física, xa que o técnico/a sempre ofrece variantes máis sinxelas e de baixo impacto para que todos os participantes poidan adestrar. E o certo é que acabas os 45 minutos de clase moi canso, liberando moito estrés e gastando un bo número de calorías (unha media de 700).

 

Agora que xa coñecemos a clase, imos preguntar a algunhas das participantes. Carolina, de 21 anos, é socia de  MQA Barreiro desde hai uns catro anos e cóntanos que é asidua das clases dirixidas en sala. Precisamente Invicto é unha das súas favoritas, explícanos: “É unha clase que che motiva moito, na que  liberas estrés e é competitiva”. Aínda que na clase de hoxe non había homes, a nosa socia asegúranos que outros días si que hai: “Ao ter artes marciais adoita enganchar máis cos mozos”, e finalizou lembrando que é unha actividade moi esixente: “A verdade é que acabamos a clase suando moitísimo. Saes de Invicto e xa fixeches o día!”, chancea.

 

Iria leva uns dous anos en Barreiro e é tamén habitual das clases dirixidas e de HBX. “Invicto é unha das clases que máis me gusta, por que é moi intensa, con esa parte de artes marciais que inclúe. Por iso é o tipo de actividade que a min me motiva máis”. Desta forma, adoita acudir a esta clase dúas ou tres veces á semana, “sempre que podo adaptarme aos horarios”.

 

Finalizamos a nosa  mini enquisa con Ana, que se incorporou á familia Máis que Auga cando abriu o centro, hai xa once anos. Para a nosa socia, Invicto tamén é unha das súas actividades favoritas: “Veño habitualmente e gústame por que se fai moito exercicio, gústame a coreografía e a encontro moi amena”. A nosa socia tamén é habitual noutras clases como gluteboom,  power ou  pyro, aínda que Invicto é unha das que lle resultan máis atractivas.

 

Xa só nos queda lembrarvos que Invicto é unha das actividades incluídas no abono de socio, polo que, se queres probar, só tes que reservar a túa praza a través da web ou da aplicación e animarte a probar. Esperámoste!