Inscríbete no II Torneo de Pádel do Nadal, que se celebrará o 4 de xaneiro

30/12/2019

Para o pádel non hai descanso nin festas. Ao contrario, é o mellor momento, xa que moita xente está de vacacións e pode así gozar deste deporte cos seus amigos. E ademais, é unha forma de queimar esas calorías extras que todos inxerimos no Nadal.

Desta forma, o próximo día 4 de xaneiro celebrarase nas instalacións de Máis que Auga Barreiro o II Torneo de Pádel  do Nadal, que se disputará nas categorías masculina e feminina.  Cada categoría estará dividida por niveis (amarelo, laranxa, verde, azul e marrón) e o formato de competición será de liguiña (todos contra todos). Haberá premio para o primeiro e segundo clasificado/a de cada categoría.

Se estades a pensar en participar, non perdades tempo! Estamos nos últimos días do prazo de inscrición, que permanecerá aberto ata o mércores 1 de xaneiro (inclusive) e podedes facelo a través da ligazón que facilitamos a continuación.

O prezo da inscrición será de 11 euros para abonados (6€ +5 de seguro) e de 14 para o resto (9€ +5 de seguro).