INMA MARTÍN-FORERO: “EN MÁIS QUE AUGA ATOPO BENEFICIOS PARA CORPO E MENTE”

30/09/2023

Sabedes que o noso maior tesouro sodes vós, os nosos socios/as e encántanos coñecervos e darvos a coñecer. Hoxe falamos con Inma Martín-Forero, socia de Máis que Auga desde 2017, ano no que se instalou en Vigo e coñeceunos. “Vivía en Barcelona e por motivos persoais trasladeime a Vigo. Así que ao chegar busquei un ximnasio similar ao que tiña en Barcelona, un gym con piscina”. E desta forma, aterrou en Máis que Auga Coia, onde apostou pola cota + para poder acceder a todo.

 

Inma é unha das nosas socias “duracell”. Nunca se cansa e goza cada minuto no centro, combinando as súas clases e apuntándose a todas as que pode. “Fago todo o que podo e máis, sobre todo porque mo paso moi ben. Termino de traballar ás seis e a primeira clase téñoa ás sete e a partir de aí encadeo todo o que podo”. O ano pasado tiña dous días de auga e os outros de seco, pero nesta tempada que acaba de comezar introduciu algunhas novidades, xa que se apuntou a hipopresivos e deixou unha das clases de natación, aínda que vos podo asegurar que a planificación segue sendo igual de ampla e apretuxada. “Non só é que mo paso fenomenal polo deporte, por sentirme activa… é que ademais temos un rolo incrible tanto entre os alumnos como cos técnicos. Para min son beneficios para corpo e mente”.

 

E é que a Inma encántanlle tanto as actividades en seco como en auga. Puxémola no apuro de elixir a súa actividade favorita e pasouno mal: “Este verán estou in-love total con zenyo, pero tamén me encanta spinning, zumba… Ufff, todas! Pero se tivese que elixir só unha clase creo que sería aquatrainnig, sobre todo polo grupo tan especial que temos”.

 

E é que cando Inma chegou a Vigo non coñecía a ninguén e en Máis que Auga atopou o seu lugar e á súa xente. Porque a relación vai máis aló do centro. “Os martes despois das clases imos ao spa todos xuntos a gozar dos chorros e os xoves, ao finalizar, imos de viños, algo que xa é unha tradición que mantemos desde hai anos”.

 

Claro, quixemos saber como o levou Inma durante a pandemia e unha vez máis os nosos socios sorpréndennos. “Creamos por whasapp un grupo de amigos que lle chamamos “As mozas das 7”, e ás sete conectabámonos e realizabamos, cada un na súa casa, unha das rutinas que aparecían colgadas por internet. E cando xa se podía saír, ao finalizar a clase, xuntabámonos e dabamos unha voltiña”. É que sodes os mellores!

 

Inma ten contratada a cota individual + (con auga e spa), ademais do curso de hipopresivos, e sen dúbida aprovéitaa ao máximo. Ademais, desde setembro, ten reservas ilimitadas diarias en actividades dirixidas; pode acudir a calquera dos tres centros e, se se anima, terá catro clases de crossfit ao mes sen custo no box de Barreiro ou Navia. Animarase a probar? Saberémolo e contarémosvolo!