Iníciate gratis en pádel con Máis que Auga

08/01/2019

A Academia de Pádel Máis que Auga abre as súas portas dende o vindeiro luns 14 de xaneiro ata o día 21, para que todos aqueles interesados en probar o deporte que gaña adeptos a paso axigantado teñan a oportunidade de facelo de forma totalmente gratuita nas nosas pistas de Navia e Barreiro.

Se algunha vez pensaches que o pádel podería ser para ti, pero nunca te atreviches a dar o paso, reserva a data que máis che conveña dentro da semana de Portas Abertas e confía nos nosos técnicos Máis que Auga para namorarte deste deporte. Poñemos á túa disposición unha hora completa de clase grupal sen ningún tipo de custo, na que os nosos técnicos te iniciarán dun xeito dinámico e divertido a través de diferentes exercicios, para rematar a xornada coa túa primeira partida de pádel.

O único requisito para participar é ter catro anos ou máis, traer roupa cómoda e poñerlle moita ilusión. Do resto encargámonos nós. Enche este formulario, elixe o día e a hora que prefiras e agarda o teu mail de confirmación. Enviarémosche un correo nas 24 horas seguintes á túa solicitude, confirmando data, hora, lugar e número de pista. E, por se eres despistado, lembrarémoche a cita por whatsapp o día anterior.

Poñemos á túa disposición cinco categorías entre as que poderás elixir: Prepádel (4 a 6 anos), Minipádel (7 a 11 anos), Pádel junior (12 a 16 anos) e, para os adultos, Iniciación, se é a primeira vez que colles unha pala, ou Intermedio, se xa peloteaches algunha vez. Ti elixes. O único que che pedimos é que realices a túa inscrición como mínimo 24 horas antes da data e hora da clase á que queiras asistir.

Lembra, agardámoste entre o 14 e o 21 de xaneiro e confiamos en seguir véndote despois pola Academia de Pádel, xa que unha boa formación é a base de todo proceso de aprendizaxe. Estamos desexando coñecerte.

Fai aquí a túa inscición!