Indoor Walking, camiñar nunca foi tan divertido

Buscas unha actividade que che permita quecer antes de comezar os teus exercicios na sala fitness, pero precisas un pouco de orientación? Indoor Walking é o teu. Trátase dun exercicio que se realiza a través dunha máquina elíptica con maiores prestacións que as de uso cotiá, apta para calquera persoa, sen limitación de idade nin risco de lesións.

Practicar Indoor Walking é moi fácil, e moi recomendable para unha sesión de quecemento ou de volta á calma tras un exercicio intenso. Entre os seus múltiples beneficios, atópanse a redución da graxa corporal, a tonificación de pernas, cadeira e glúteos, e o aumento da resistencia cardíaca.

Para sacarlle o máximo partido á actividade non esquezas regular axeitadamente o manillar, a 90 graos, ter conta de manter unha postura ergueita e levantar ben os talóns a cada paso.

Pero isto non é todo. En Máis que Auga queremos que goces ao máximo da experiencia e, por iso, temos á túa disposición un recuncho da sala fitness dos nosos centros de Coia, Navia e Barreiro con cinco máquinas en cada un deles, para que poidas asistir a unha clase virtual que che encantará.

As clases están dispoñibles a cada hora dende primeira hora da mañá nos tres centros, e non é preciso reservar, só tes que botarlle moitas gañas. Adaptámonos ao teu ritmo de traballo e prometemos que a experiencia será do máis motivadora. Pregúntalle ao teu técnico Máis que Auga e camiña con nós ao ritmo da música!