A natureza, tema de marzo no concurso de debuxo infantil

13/03/2016

O concurso infantil de debuxo Máisqueartistas propón como tema de inspiración para este mes de marzo, a natureza. Esta iniciativa ten como obxectivo premiar mensualmente aos mellores debuxos feitos polos máis pequenos. Poden concursar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, facendo ata catro categorías según a idade.
A técnica a utilizar é totalmente libre. Dende acuarelas, ceras, témperas, lapis de cores,… O debuxo debe facerse en papel branco formato DIN A4, e solo se admite un traballo por participante.
O xurado esta composto por membros da dirección do Centro Máis que Auga Navia e responsables do Centro de Lecer Infantil Máisquepeques, onde serán expostos os traballos.
Os mellores debuxos de cada mes, un por categoría, pasarán a final e en xuño e os gañadores serán editados na cartelería dos campamentos de verán de Máis que Auga. Ademáis, os catro finalistas terán como premio diferentes lotes de regalo.
Para participar deben cubrir a seguinte ficha de inscrición