IMOS DESCUBRIR AO IRONMAN QUE LEVAS DENTRO!

29/10/2022

Os retos son o noso e nesta ocasión, superámonos! Cando pensamos nunha proba épica, sen dúbida moitos nos acordamos do Ironman, no que os participantes fan 3.900 metros de natación, 180 quilómetros de bicicleta e 42,2 quilómetros de carreira.

 

Quen non viu algunha vez imaxes do Mundial de Hawaii, no que se combina o esforzo máximo, a tenacidade, o compañeirismo, a loita cun mesmo… coa natureza e unhas paisaxes únicas? Está claro que non nos imos a Hawaii, desgraciadamente, e que tampouco o imos a facer nun día, non vos preocupedes! Como será o noso reto?

 

O reto realizarémolo no mes de novembro en calquera dos nosos centros e podedes organizarvos como queirades: Facer primeiro unha especialidade e despois continuar por outra; ir compaxinando dúas ou máis, se así vos é máis entretido… Queda á vosa elección! Iso si, tratar de ir marcándovos ata onde queredes chegar cada día, para que vos dea tempo a cumprir o Ironman.

 

Non será unha competición senón un reto persoal. Non imos controlar as marcas, aínda que haberá un tempo máximo (o mes de novembro) para realizalo, pero deixándovos liberdade en horarios e días, para que poidades adaptalo á vosa dispoñibilidade. Iso si, ao finalizar cada sesión, debedes contactar co técnico/a, que tomará nota para levar control das distancias realizadas día a día.

 

Como xa vos dixemos, non será unha competición, non haberá un gañador, senón que gañarán todas as persoas que consigan finalizar o reto. E para elas haberá varios premios!

 

Se logras finalizar o Ironman, recibirás un diploma no que se acreditará que finalizaches o Ironman e ademais terás unha grata sorpresa! Tamén, pode suceder, que finalices algunha das disciplinas, pero non as tres. Pois tamén teremos un obsequio para ti! Se logras acabar dúas das especialidades, recibirás un diploma de participar no noso Ironman e algún agasallo, que seguro que che encanta.

 

Podes preguntar aos nosos técnicos/as en calquera dos nosos centros, e eles explicaranche a dinámica e resolverán as  túas dúbidas.