IMOS A CLASE DE MINIMAX CON TERESA E ORIANA

17/03/2021

Hai só uns días que comezamos as xornadas de portas abertas de Minimax, un novo servizo de adestramento específico en grupos reducidos (3-4 persoas), que se celebran nun espazo reservado dentro da instalación. Así que decidimos pasarnos polas clases e falar con algúns dos socios e socias que, non só probaron o sistema, senón que lles gustou porque xa o contrataron!

 

É o caso de  Oriana Carolina Miranda, unha moza de 19 anos que é socia de  Máis que  Auga desde hai xa 4 anos. A ela preguntámoslle que lle pareceu Minimax e a súa resposta foi contundente: “Pareceume un excelente servizo porque ademais de ter unha gran variedade de clases, conta cunha atención moito máis personalizada, tendo sempre presente as túas necesidades”.

 

Oriana, tras a proba, xa deu o paso e decidiu contratar o servizo de costas sas e explicounos o motivo: “Contrateino para mellorar o estado das miñas costas, xa que teño unha hernia discal”. Ademais de  Minimax, que comeza agora, a nosa socia fai natación no centro de  Coia e tamén algo de exercicio con pesas.

 

Minimax é un servizo para todos os públicos, como podedes ver. Se  Oriana ten 19 anos, Teresa Martínez Cota cumpriu 65. A nosa socia Teresa forma da familia  Máis que  Auga desde hai máis de cinco anos pero ela mesma recoñece que non se pasaba polo centro nunca, ata que agora tomouno en serio e decidiu que ten que coidarse. E comezou con moito ánimo! O primeiro que fixo foi inscribirse en dúas clases de  Minimax (perda de peso e  inmunity  training) e así vai catro días á semana ao centro de  Coia. “Desde que deixei de traballar subín dez quilos e non os volvín a baixar, así que quero ir baixando peso, aos poucos. Ademais, necesito  tonificar, porque levo moito tempo parada e non podo seguir así”. Teresa, que ten un neto de cinco anos ao que lle dedica gran parte do seu tempo, tamén arrastra problemas nun xeonllo e sabe que ten que traballar esta zona para ir fortalecéndoa. Así que, comeza moi animada e convencida de que aos poucos irá atopándose mellor e máis forte.

 

A nosa socia animouse a inscribirse en  Minimax pola formulación deste novo servizo. “Era o perfil que me apetecía. Gustoume o feito de que sexa unha clase personalizada, pero que tamén contes con algunha persoa máis, porque eu pensaba que soa me ía a aburrir e así ves máis incentivada”.

Recordade que Minimax conta con varias propostas dependendo dos obxectivos: Perda de peso, costas sas, reforzo do sistema  inmunitario, opositores… E que podedes probalo de forma gratuita ata o 4 de abril. Consulta os diferentes horarios en cada un dos centros e  elixe a opción que mellor se adapte ás túas necesidades. Podes reservar a clase o mesmo día no centro, sempre que haxa prazas libres. Ademais, se despois de coñecer o servizo,  fas a contratación durante ese período de proba, a partir de abril e ata agosto terás un desconto do 50%. Podes consultar na recepción de calquera dos nosos centros as condicións deste servizo e o seu prezo.