IMOS A COÑECER OS NOVOS PROGRAMAS DE FITNESS DE MÁIS QUE AUGA

02/09/2021

Como xa sabedes, o fitness é un sector en continuo crecemento e evolución, algo que nos obriga a estar sempre formándonos e probando novos produtos, coñecendo a novas empresas e buscando o mellor para a familia  Máis que  Auga.

 

Esta tempada iniciamos unha nova colaboración con  FitConcept Pro, unha empresa española especializada na creación e desenvolvemento de programas fitness, que desenvolve un produto que, consideramos, se  adapta perfectamente ao proxecto de  Máis que  Auga.

 

Por iso, este ano estreamos programas e estamos seguros de que vos van a encantar. A principal novidade é a estrea de dúas actividades (zenyo e  pyro), así que imos explicarvos brevemente en que consiste cada un dos programas de  FitConcep Pro, que tedes na programación dos vosos centros desde xa.

 

Gluteboom é un programa para os  glúteos, abdominais e pernas. Con  Gluteboom  tonificas, queimas graxa e realizas un traballo específico nos abdominais e  glúteos, e enseguida notarás os resultados no teu corpo.

 

Power é un programa de adestramento de tonificación, forza e resistencia muscular que utiliza unha barra e discos. Traballa todos os grandes grupos musculares e permite lograr os mellores e máis rápidos resultados.

 

Invicto está baseado no fitness de combate. Simula unha loita imaxinaria combinando unha gran variedade de técnicas das Artes Marciais, como golpes, golpes co xeonllo, patadas, bloqueos e saltos á corda. Unha clase divertida e efectiva, coa que liberas tensión e  tonificas todo o corpo.

 

Zenyo é un programa corpo-mente que está baseado en disciplinas como pilates, ioga e o adestramento de mobilidade. Coa súa práctica mellórase a flexibilidade e a forza a través de movementos harmoniosos. E todo iso acompañado por unha música suave para lograr a relaxación dos teus músculos e a conexión coa mente.

 

Pyro é o último en programas de adestramento HIIT (adestramento  interválico de alta intensidade), no que realizarás exercicios  pliométricos, funcionais, atléticos e deportivos. Con esta actividade liberas adrenalina e aumenta ao máximo a queima de graxas e o fortalecemento dos teus músculos.

 

Pero por moito que contemos, o mellor é probar! Así que, reserva a túa clase e empeza a vivir desde dentro estas novas actividades, con música trepidante e gran esixencia, e sempre acompañados polos técnicos/as de Máis que Auga.