Cambiamos a festa ao Museo do Mar!

07/09/2017

O sábado estaremos de festa no Museo do Mar ¡ollo!, (non no auditorio Mar de Vigo) como viñamos anunciando. Cambiamos a un mellor lugar, con mellor aparcamento, mellor entorno polo mesmo prezo. Toda a familia Máis que Auga celebramos esa festa de inicio de tempada o 16 de setembro no Museo do Mar  (Avenida da Atlántida, 160) a partir das 22.00 horas. Para calquera dúbida ou cancelación con respecto ao cambio de lugar vos deixamos un correo info@maisqueauga.com

Agora toca quitarnos a camiseta de técnicos e usuarios e poñernos a de amigos porque eso é o que somos, despois de tantas horas de esforzo e retos compartidos. O sábado 16 de setembro queremos gozar con vos dunha noite de festa na que hai programadas moitas sorpresas das que desfrutaremos degustando un estupendo catering que servirá Pastelería Montserrat Catering nun lugar especial como é o Museo do Mar de Galicia.

Pero como o noso é a festa temos todo preparado para que esa noite o baile e a música sexan os protagonistas. Contamos coa actuación do grupo de rock os Gin Toni´s que te farán vibrar con versisón dos teus grupos favoritos. Pero como xa sabes que sempre queremos máis tamén teremos con nós ao Dj Xoel Muiños que porá a nota máis discotequera á velada. Por certo que á primeira copa estamos convidados por Pastelería Montserrat Catering, grazas! E a festa durará ata as 5 da mañá!