Hipopresivos, para todos e para todo

19/12/2018

A mellora do solo pélvico, combater os problemas dixestivos, mellorar o tono da faixa abdominal, correxir a postura ou a recuperación post parto son algúns dos motivos polos que os usuarios e usuarias dos centros Máis que Auga practican exercicios hipopresivos, unha sesión de 45 minutos que ninguén se quere perder.

Os hipopresivos son unha ximnasia global que traballa exercicios posturais, respiratorios, e aporta múltiples beneficios ao corpo humano. Así o conta Jana Nogueira, técnico do centro Máis que Auga Navia, quen imparte esta clase dende hai dous anos.

“Se recomienda tanto para hombres como para mujeres, porque ellos también tienen suelo pélvico, que deben cuidar con la edad, y mejorar la postura y la respiración”, explica Nogueira. Deste xeito, os hipopresivos abranguen un amplo abanico de público. Dende “quienes sufren de incontinencia urinaria” ata “deportistas que quieran hacer una compensación de su entrenamiento”. “Es beneficioso para cualquier persona, porque la mala postura está en el día a día”, engade a técnico quen, ao mesmo tempo, recomenda asistir a esta clase dúas veces por semana.

“Tenía muchos problemas de espalda y Jana me aconsejó esta actividad. Mejoré bastante, lo noto en el día a día”. Quen fala é Begoña Suárez, unha das alumnas máis incondicionáis da clase de hipopresivos. Ao seu carón, Yolanda Fernández asente. “Dende que fago estes exercicios estou aliviando moito as miñas dores de lumbares e cervicais. Comecei a notalo case no primeiro momento, cando ía ás clases no centro de Coia e, despois de seis meses, moito máis”, conta.

Para Manuela Pestaña, os motivos foron outros. “Asisto a esta clase desde que se comenzó a impartir. Tuve dos partos, una cesárea y uno con ventosa y me la recomendaron para fortalecer el suelo pélvico, porque después de eso el cuerpo queda dañado”. Para Ana Rodríguez, a súa compañeira, os motivos teñen que ver coa ansiedade que padece. “Me ayuda mucho a controlarla, es muy beneficioso a nivel físico y mental, y también socializas y lo pasas muy bien en las clases. Yo lo recomiendo”, asegura.

Sandra González é a alumna máis recente da clase. Por recomendación dunhas amigas, comenzou a asistir hai dous meses e xa notou a diferenza. “Adiqueime ao deporte dende moi pequena. Tiven problemas nos xeonllos, e isto axúdame a manterme activa, pero non con tanto impacto. Non o dubida: “notei moitísimo o cambio a nivel postural”.