Héctor Guisande gaña por terceiro ano o Trofeo Concello de Vigo-Pérez Rumbao

09/07/2017

O V Campionato de Pádel Concello de Vigo-Pérez Rumbau  rematou  hoxe nas instalacións de Máis que Auga Navia onde se disputaron 14 finais con xogadas de gran calidade nas que se pudo ver aos mellores xogadores de Galicia, tanto a nivel feminino como masculino.  Héctor Guisande gañou por terceiro ano o trofeo na categoría de ouro.

Un ano máis este campeonato bate o récord de participantes con 464  xogadores, é dicir, 232 parellas. En total, 314 homes e 150 mulleres. Deles, 78 xogadores federados. O que o segue a converter no máis importante torneo de pádel da provincia de Pontevedra. Este ano tamén se acada o récord de participación de menores con 28 nenos inscritos e 14 parellas.

CLASIFICACIÓN CATEGORÍAS PRINCIPAIS

Categoría feminina 1

Tamara Aranda/ Raquel Seijo

6-3 / 7-6

Paloma Lázaro / María Varela

 

Categoría masculina 1

Héctor Guisande / Yago González

6-2  / 6-4

Jano Alonso / Martín  Raposeiras

 

Categoría mixta 1

Héctor Guisande /Olalla Maroto

5-7 / 6-2 / 6-4

Borja Díaz / Raquel Seijo

 

Categoría benjamín

Pedro Díaz / David Díaz

6-1 / 4-6 / 7-5

Guillermo Díaz/ Yaiza Guisande

 

Categoría infantil

Jorge Vilariño / Daniel Castro

7-6 / 6-2

Ana Sánchez / Denise Pequeño