Máis que Auga crea un grupo de whatsApp para o pádel

Queres xogar ao pádel e non tes compañeiro ou rivais? Es un socio de Máis que Auga Barreiro e queres practicar este deporte? A nosa empresa Máis que Auga creou un grupo de WhatsApp para axudar aos xogadores de pádel a atopar compañeiros de xogo, a organizar partidos, a buscar contrincantes do teu mesmo nivel…

O sistema é moi sinxelo e rápido. So tes que inscribirte na sección de pádel da páxina web de Máis que Auga (www.maisqueauga.com) e a partir dese instante serás parte do grupo e terás toda a información sobre partidos do teu nivel e a posibilidade de atopar compañeiros e rivais para organizar a túa partida.